14/7/09

UNHA ESPECTACULAR ROBALIZA

Unha espectacular robaliza (ou lubina) á parrilla compartimos Ángel e máis eu na última visita que fixemos ó restaurante Tempo, de Lugo, establecemento que nesta ocasión eleximos porque podemos aparcar cerca da porta e ten ascensor, ademais de ser un sitio bonito no que se come ben.
Antes da lubina tomamos unha riquísima empanada de zamburiñas e o surtido de tomates con anchoas. Eu tamén probei o guiso de pesacado e marisco, que comeu Carmen, pero nesta ocasión pareceume que estaba algo soso e aínda así gustoume.
De postre eu comín unha exquisita torrixa de viño e de bebida tomamos un ribeiro Coto de Gomariz, porque se lles acabara o Antonio Montero, e auga Voss.
Todo moi ben servido por unha camareira moi atenta e agradable, que non tiña moito traballo porque só había outras dúas mesas ocupadas.
É unha pena que non se anime máis xente a probar a comida do restaurante Tempo, porque seguro que repitiría.
O único que critico é que dos postres que aparecen na carta (cuns nomes moi suxerentes) non teñen case ningún.

No hay comentarios: