14/7/09

ENTRE FORASTEIROS

Un mes máis estivemos ceando no Parador de Turismo de Ribadeo para probar o novo menú das xornadas gastronómicas do 80 aniversario. E unha vez máis tratáronnos de maravilla, con unha atención e un servizo espléndidos. Pero tamén comprobamos de novo que o restaurante do Parador de Ribadeo ten moi poucos clientes da zona, porque sempre ceamos rodeados de forasteiros, a maior parte estranxeiros que están hospedados no propio Parador.
Eu creo que moita xente de Ribadeo, e do resto da comarca, non se anima a ir comer ó Parador porque pensan que é caro e que se come mal. Ningunha das cousas son certas: a relación calidade-prezo é boa e a comida está ben preparada e moi ben presentada e servida.

No hay comentarios: