4/8/09

ARROZ DE MARISCO EN RINLO

O arroz de marisco que fan no restaurante A Cofradía, de Rinlo (Ribadeo), segue triunfando. Téñenlle collido o punto de tal maneira que sempre está igual de bon. Comprobámolo unha vez máis hai pouco, na nosa primeira visita deste verán (pero seguro que non será a última) á Cofradía, que é un dos principais puntos de referencia gastronómica dos turistas na Mariña.
Na cea, con amigos de Ponferrada, tamén probamos os calamares fritos, que estaban ricos. Non comemos nada máis porque as racións de arroz eran moi abundantes.
O único negativo foi que pasamos moita calor durante boa parte da cea, ata que nos abriron unha ventá do comedor e entrou algo de aire fresco.

No hay comentarios: