4/8/09

NOVA CARTA NO CABAZO

Despois de uns meses sin visitar o restaurante O Cabazo, de Ribadeo, estivemos ceando alí e, unha vez máis, saímos moi contentos da comida e do trato recibido.
De primeiro tomamos uns calamares fritos (é un dos meus entrantes preferidos, si son bos e están ben preparados) moi ricos e de segundo decanteime por un peixe que levaba bastante tempo sin probar: virrei, que me encantou. Carmen preferiu unha merluza en salsa de ameixas, que tamén estaba exquisita.
Pero o mellor de todo foi o postre: unha impresionante copa de tres chocolates, que é unha das novedades na carta do Cabazo, recentemente renovada no deseño e no contido.
Por certo, ese mesmo día estaban ceando no Cabazo o coñecido ribadense Manuel Valín (ex concelleiro do PP e xerente da Fundación Comarcal de A Mariña Central) cos entrenadores de baloncesto Luis Casimiro e Chechu Mulero e un xoven xornalista deportivo de Punto Radio, asturiano de nacemento e que traballa en Madrid cubrindo a información do Atlético, clube de fútbol do que é forofo Valín. Despois volvemos atopalos no pub Ribanzo e alí estivemos de agradable tertulia con eles, falando sobre todo de baloncesto.

No hay comentarios: