10/8/09

LOS BASTONES E PAZO DE ORBÁN

O mesmo día que comemos a mariscada no Mesón de Alberto continuamos a festa cunha cea, tamén en Lugo, neste caso en Los Bastones, un restaurante que está no casco vello que ten algo de italiano pero na súa carta tamén hai outras especialidades. Xa estivéramos noutra ocasión e gustounos, por iso repetimos.
Empezamos compartindo un surtido de embutidos de porco de Mangalica e unhas croquetas de ourizo de mar. As dúas cousas estaban boas. De segundo eu tomei rabo de "toro", que estaba rico pero necesitaba algo máis de cocción (para o meu gusto) porque tiven que pelexarme con él para intentar aproveitalo ben e non o logrei, xa que era difícil desprender a carne do óso.
E de postre elexín unha exquisita piña rechea de mousse de plátano, que me gustou pero esperaba outra cousa.
Para beber tomamos sangría, que estaba boa, pero non tanto como a que fan en La Oca (Lugo), que para min é a mellor do mundo.
Despois de cear tomamos unha copa xusto enfrente, na cafetería do hotel monumento Pazo de Orbán, que non sabíamos que estaba aberta ó público nin que servían copas. É un local moi agradable, con uns camareiros amables e que ofrecen algunha cousa nova, como botarlle pepino ó gin tonic (a quen se atreve a probalo). Unha alternativa moi interesante para tomar un café ou a primeira copa da noite en Lugo.

No hay comentarios: