10/8/09

VOLTOU O SOL

O tempo a fin de semana estivo de auténtico outono. Cóntanme que en Ribadeo ata granizou o sábado pola tarde. Nós pasamos parte da fin de semana na Coruña e o resto en Lugo, onde facía un frío que pelaba. Na Coruña ceamos con os Arévalo (pai e fillo) en Casa Saqués. A comida exquisita e non o digo eu porque sexan da miña familia, xa o contará no seu momento o crítico gastronómico deste blog, pero chupamos os dedos coa empanada, o pulpo, a tortilla e a rixada. E non teño palabras para o queixo e o membrillo. Marisé na cociña e Tonecho de relacións públicas fan as delicias de todos os que se achegan por Casa Saqués. Por certo está na rúa General Sanjurjo da Coruña desde o ano 1947. Durante a cea, falamos, rimos, tomamos un bó e caro viño e tamén uns ricos chupitos e despois seguimos de copas por Rialto e La Fundación, dous sitios moi agradables cos que conta a Coruña na Praza de María Pita e nas súas inmediacións.... ainda que nesta ocasión estaba abarrotados de xente ao igual que o resto de establecimentos da rúa da Franja pola que pasamos nun par de ocasións. Total que nos deron as tres da mañá. Agora os Arévalo que se atopan, un en Madrid e outro rumbo a Huelva voltarán á Coruña a mediados de mes e din que virán a Ribadeo, polo que haberá que pensar algo. Agardamos que nesa cita estea tamén Pepa. Os ceos grises destes días deixaron paso a un azul impresionante hoxe en Ribadeo.

No hay comentarios: