11/9/09

ACABARON AS FESTAS

As festas de Ribadeo remataron o martes. As rúas estiveron tanto o luns, día da sesión de fuegos artificiales, como o martes, xornada festiva, ateigadas de xente. Era difícil ata andar polo parque de San Francisco, debido á cantidade de persoas que un ano máis reuniron as festas patronais de Ribadeo. Agora despois das miles de persoas que pasaron durante o verán por aquí, e tamén estes días, voltou a tranquilidade. Xa se pode aparcar sen dificultade e xa se pode camiñar sen tropezar cos outros viandantes. Así chega o final do verán a Ribadeo, despois das festas patronais, nunha semana (ésta) na que algúns establecimientos aproveitaron para pechar e tomar un respiro. De todos os xeitos ainda hai turistas, tal e como puidemos ver, por exemplo, onte dando un paseo por Porcillán. Quedan ducias de turistas que chegaron en coche, en veleiro ou mesmo en autocaravana. A todos é posible velos polo porto ou polo paseo do faro. Hoxe fai moi bó día en Ribadeo e din que a fin de semana estará ben, así que os que poidan poden aproveitar para darse un dos últimos chapuzóns do verán deste 2009. Nós imos para Lugo onde agardamos disfrutar coa nova edición da ruta de tapas que arrinca estes días. Veremos si Nuria, Pepa e algúns máis se apuntan. Nós sí. Logo xa daremos conta aquí, ainda que o crítico gastronómico este verán non escribiu moito. A ver si se anima de novo.

No hay comentarios: