24/9/09

CALAMARES E TARTA DE GALLETA NO XOIÑA

Comemos un par de veces este pasado verán no restaurante Xoíña, de Foz, e nas dúas ocasións quedounos moi bon sabor de boca. Todo o que probamos estaba ben preparado e sabroso, pero a min gustáronme especialmente os calamares á plancha e, de postre, unha impresionante tarta de galleta. Tamén saímos moi satisfeitos da atención e do servizo.
E curiosamente as dúas veces que estivemos no Xoíña neste verán (xa comemos neste restaurante focense en varias ocasións anteriormente) vimos alí a persoas coñecidas. Nunha ocasión casi compartimos mesa (estaba moi cerca) con Chabeli Díaz, ex miss Lugo, policía local en Foz e copropietaria dun establecemento de hostelería nocturna en Ribadeo, o Estopa, no que é compañeira do incomparable Quinti.
E a segunda vez que estivemos no Xoiña no pasado verán vimos na entrada ó político do BNG Antonio Veiga e o polifacético Alfonso García charlando animadamente. E despois chegou para cear con uns familiares o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro. Ese mesmo día estaban no bar do Xoiña varios ex políticos socialistas focenses, entre eles Moncho Candia.

No hay comentarios: