24/9/09

A CASA DO MERLO VAI A MÁIS

O restaurante do establecemento de turismo rural Casa do Merlo, de San Miguel de Reinante, vai a máis, como comprobamos varias veces neste pasado verán que acaba de rematar. Nalgunhas das varias ocasións que comemos alí vimos a máis veciños desta zona que anteriormente e tamén a moitos turistas. Incluso algún día os dous comedores estiveron repletos e houbo xente que nun puido comer na Casa do Merlo porque non tiñan reservada mesa.
Ademáis este pasado verán probamos platos que non tiñamos comido nunca neste establecemento, como os arroces (negro, paella valenciana e de bogavante), e os tres estaban exquisitos.
Agora fáltanos probar o cordeiro, que é unha das especialidades da Casa do Merlo, xunto co cochinillo.

No hay comentarios: