27/10/09

MARISCADA NA DORADA

Por fin Miguel animouse a facer unhas xornadas, neste caso adicadas ó marisco, e a iniciativa está sendo un éxito. Onte, luns, estivemos no restaurante A Dorada do Cantábrico, de Ribadeo, para participar na quincena do marisco e saímos repletos de lubrigante, boi de mar, nécoras, ameixas, longueiróns, cigalas, langostinos e gambóns. Todo iso en abundancia ten a parrillada de marisco para dúas persoas que poñen estes días (ata o sábado, 31) na Dorada por só 65 euros, con unha botella de viño Rías Baixas (albariño) incluida.
É unha boa oportunidade para encherse de marisco a un prezo asequible, pero os que non queiran comer tanto poden pedir racións de todos os tipos de mariscos que citei antes e algúns máis, como zamburiñas, tamén moi ben de prezo.
Gracias a estas xornadas A Dorada ten máis clientela do que é habitual nos restaurantes da zona nesta época do ano, o que demostra que iniciativas deste tipo animan á xente a comer ou cear fóra da casa.
Miguel está contento e de feito xa está pensando en facer máis xornadas deste tipo, aínda que adicadas a outros productos gastronómicos.

No hay comentarios: