3/11/09

CARALLADAS EN LUGO

Da fin de semana, varias cousas. O venres tivemos sesión de fisio en Navia, e pola noite, por aquelo da pereza que da poñerse a facer a cea e polo cansancio, acabamos ceando no restaurante San Miguel. Tiñan bastante peixe e marisco fora de carta, e tomamos uns camaróns espectaculares. Beni seguiu con corvina e eu con solomillo de porco ibérico. Todo exquisito, e con bastante ambiente porque había coma unhas seis mesas ocupadas e eso que chegamos a cear ás once da noite. Notábase que o luns era festivo en moitas comunidades autónomas: Madrid, as dúas Castelas, Extremadura e Asturias, entre outras. O sábado viaxamos a Lugo, foi xornada de compras, de visita ao camposanto e de cea con María José no Mesón da Pelusiña. Estivo fenomenal porque comimos as "caralladas" que nos propuxeron: berberechos á prancha, pementos de Padrón, pementos recheos de bacallao, langostinos e queixo de cabra frito con mermelada de tomate. Todo esto a modo de entrantes e despois diversas carnes: chuletiñas de cordeiro, peituga de polo rebozada e pinchos morunos. De postre tarta de chocolate e galleta, tarta de café e filloas. O mellor foi o prezo porque saimos a uns 20 euros por persoa, viño, cafés e chupitos incluidos. O domingo tocou sufrir co baloncesto feminino porque o Ensino perdeu o primeiro partido da temporada. Alí estivemos no Pazo dos Deportes e pola noite seguimos por internet, xa en Ribadeo, o partido do Breogán que lle gañou ó Clínicas Rincón.

No hay comentarios: