9/11/09

TEATRO EN RIBADEO

Levamos casi sete días sen escribir no blog e non pode ser. Hai que voltar a facelo coma antes. Toda esta semana veu marcada por un tempo horrible, sobre todo no mar. Ainda hoxe seguimos en alerta amarela ou laranxa, pero din que a partires de mañá mellora un pouco. Chover seguirá chovendo, pero os mariñeiros poderán saír de novo a faenar. Da fin de semana o sábado adicámolo a descansar, despois vimos gañar unha vez máis ó Breogán, e tamén gañaron o Ensino, o Madrid, o Barcelona... tódolos equipos que nos importan a Beni e a min sairon airosos esta fin de semana. Pola noite ceamos con Nuria no Cambalache. Xa contamos aquí que é un sitio para tomar pasta, pizzas e ensaladas que está moi ben. Eu xa o coñecía da Coruña e pódese cear a bó prezo. Claro que eu non iría alí moi a menudo a cear porque a pasta enche moito, a xantar xa é outra cousa, pero para a cea hai que ir a modiño. Logo tomamos unha copa no Egomundi e despois a durmir. E onte comida en Lugo e viaxe pola tarde a Ribadeo. Estivemos no teatro vendo Glass City, unha obra de Teatro do Noroeste que recomendo ós que non tivesen a oportunidade de vela onte, porque van rir e pasar dúas horas agradables nas que se combinan a música e as cancións coa palabra. Ademáis no elenco de actores hai varios consagrados e moi coñecidos en Galicia e fora de aquí. Despois picamos algo no Sapore con Sonia e con Miguel e tomamos unha copiña no Pica, pero á unha estabamos na casa, porque hoxe todos tiñamos que traballar. Unha boa forma de escomenzar unha semana que vai ser moi gris, polo que á climatoloxía se refire.

No hay comentarios: