3/12/09

O NOVO RESTAURANTE OVIEDO

Despois dunha intensísima mañá de traballo (entre outras cousas por "culpa" de Rivera, que lle deu hoxe por cesar a Cancio nos seus cargos no Concello de Foz) comín no novo restaurante Oviedo, de Ribadeo, con Rosa, Carmen e Antonio. O Oviedo é un clásico totalmente renovado, como di o lema da súa campaña promocional nos medios de comunicación elaborada por Faro Norte Comunicación.
As instalacións tanto do bar como do restaurante quedaron moi ben, pero aínda me gustou máis a comida.
De primeiro compartimos unhas croquetas de setas e pulpo con ameixas e patacas (moi rico). E de segundo eu tomei unha merluza á sidra sabrosa e ben preparada aínda que non sabía moito a sidra. De postre elexín uns profiteroles con chocolate quente, que estaban para chuparse os dedos.
Os platos sírvenos moi ben presentados e as racións son moi abundantes.
Por todos estes motivos, e algún máis, o Oviedo será un dos nosos restaurantes de referencia en Ribadeo. Xa estou desexando volver para probar alí dous platos que nunca comín e que creo que non hai en ningún outro restaurante da zona: ternasco (cordeiro ó estilo aragonés) e esturión (peixe famoso polo seu caviar).

No hay comentarios: