15/12/09

¡QUÉ FRÍO!

300 entradas ou comentarios levabamos o 3 de decembro. E hoxe dixen vou escribir un pouco máis. Desta pasada fin de semana non hai moito que contar. O sábado xantamos na casa, pola tarde sufrimos e moito co Breogán e pola noite ceamos con Nuria no Canedo en Lugo. E o domingo foi de rélax en Ribadeo. Onte e hoxe pouco que contar, salvo que tamén aquí vai moito, moito frío. O luns non pasamos dos oito graos en todo o día, e hoxe penso que tampouco. Da gusto, eso sí, ver as montañas que temos aí enfrente en Asturias que están todas blanquiñas. E da fin de semana pasada xa casi nin me lembro. Sei que o venres da ponte cenei en Ribadeo con Pili e con Vila no Oviedo, e sabado, domingo e luns estivemos en Lugo. Fomos ao cine a ver "El Baile de la Victora", unha película que recomendo. Xantamos un día en La Bodega de Pedro e ceamos con Nuria, creo que en La Oca. Hai que ir apuntando, porque logo pasan os días e non sei nin que fixemos. Estes días fun bastante a Burela por motivos laborais e toca achegarse tamén a Barreiros e a Vegadeo. Todo pouco a pouco. En Barreiros ao pé da praia tomei un café o domingo pola tarde, e o frío xa prometía.

No hay comentarios: