16/2/10

NOITE DE TROULA

Levamos dúas noites que non paramos. Nós decidimos poñer unha máscara esta pasado noite. Primeiro estivemos ceando no Serra con Sonia e con Miguel e despois fomos á carpa na que houbo a cea e a posterior sesión de baile e música, que organizou un ano máis a comisión do antroido. No Serra saudamos a un simpático Quique convertido en romano. Pasamos polo Ribanzo por si a nosa presenza era necesaria, pero non tivemos que intervir... non houbo incendios que sofocar. E logo pasamos pola carpa instalada no parque de San Francisco. Pasámolo pipa porque foron moi poucos os que nos recoñeceron, algún fíxoo porque nos identificamos. Había homes disfrazados de mulleres e Juan Antonio neste apartado levóuse a palma. As fillas de Zapatero tamén acudiron perfectamente caricaturizadas ao baile, e non faltaron Napoleón Bonaparte, Elvis, algún capo e algún xitano que outro (disfraces elexidos para a ocasión). Os membros da comisión tamén participaron da festa, bailaron e disfrutaron despois de intensas semanas de traballo. Por alí estaban moi ben ataviados: Paco e Juan. Pola rúa atopamos a un interesante membro dos Village People, tertuliano de Onda Cero Ribadeo, que disfrutaba da noite moi ben acompañado. Seguro que me esquezo de algo, pero a cabeza non está moi fresca hoxe. Por certo ¿coñecedes aos da foto? Esta tarde hai desfile en Ribadeo e a cousa promete. Seguiremos informando.

No hay comentarios: