1/3/10

NON É UN DEBUXO

Non é un debuxo é o sol, por fin temos sol. Eso foi o que nos dixo hoxe Nemesio cando chegamos ao Cantón a tomar o café. É certo, hoxe fixo un día espléndido en Ribadeo e Beni e máis eu aproveitamos para dar un paseo pola zona do faro. Non había moita calor, pero o sol cárgache as pilas ainda que sexa con fresquete. Ducias de persoas voltaron a andar polo paseo despois dunha semana sin poder deixar o paraugas apeado. Medraron moito os días e agardamos poder repetir experiencia en breve. Co sol vénse as cousas doutra maneira, un ten máis ánimo para todo... xa estabamos un pouco fartos de días grises e grises, con auga e máis auga e con moito frío. Un inverno no que se está a falar máis ca nunca do tempo, e non é para ter tema de conversación co veciño co que coincidimos na praza, no ascensor ou no centro de saúde... imaxino que será para facer terapia de grupo e para tentar consolarnos uns aos outros. Todos temos un desexo: que quente o sol e que non chova nunha temporada porque as terras están anegadas e os embalses ata arriba. A ver si hai sorte.

No hay comentarios: