9/3/10

VOLVIMOS Ó VERRUGA

Despois de meses sin escribir neste blog volvo para facer os meus particulares comentarios gastronómicos, porque teño varios pendentes, como me lembrou Nuria o pasado fin de semana. Por segunda vez cenei con Carmen no restaurante Verruga, de Lugo, nesta ocasión acompañados por Nuria. Comprobamos que seguen tendo un excelente servizo, con camareiros moi profesionais e cun trato exquisito incluso cos que non son clientes habituais, como é o noso caso. Polo Verruga debería pasar boa parte do persoal que traballa en moitos restaurantes para aprender como hai que tratar os clientes.
Pero ademais a comida está moi boa, cociñada ó estilo tradicional e a carta é amplia. De entrantes tomamos uns riquísimos calamares fritos e tostas de anchoa. E despois eu comín perdiz, que tamén estaba boa. Para acabar o viño recomendáronos unhas tellas, porque non tiñan queixo, e aceptamos a suxerencia. Pero o que me encantou foi o meu postre: leite frita flameada con pacharán. Impresionante.
Por isto e porque os prezos non son tan caros como din algúns, merece moito a pena comer no Verruga. Por algo levan medio século sendo un dos grandes clásicos da gastronomía lucense.

1 comentario:

gigi dijo...

Ainda que tarde, celebro que prosigas cos teus comentarios porque son moi interesante, creo que debes ter temas suficientes, e ademais vexo que tes unha boa memoria.