17/3/10
DE GIN TONICS
Pasa o tempo tan rápido que xa non me acordaba que hai oito días desde a última vez que escribimos neste blog. Remóntome á fin de semana, para lembrar que recibimos a visita de Sonia e de Miguel en Lugo, cos que andivemos de tendas boa parte da tarde e despois fomos de cena xunto con Nuria ao Canedo. Impresionante cenar no comedor con eses ventanais que ten e que dan a sensación de ter a Lugo aos teus pés. Preciosas as vistas de día, pero de noite son difíciles de describir. Esta a tope, como sempre, e ceamos moi ben. E despois tomamos un par de copas, unha no Tempo... onde di Beni que preparan os mellores gin tonics de Lugo. A verdade é que están moi ricos, pero os do Egomundi tampouco se quedan atrás, penso eu. Primeiro pasamos polo Tempo e despois polo Spazio... a este local xa tiñamos ganas de ir hai moito tempo e ao final alí fomos. O mellor de todo a música dos 80 que poidemos escoitar e ata bailar un pouco. A fin de semana estivo fenomenal, en Lugo facía moito frío, pero estivo moi ben. ¡Ah! Con Sonia e Miguel voltamos ao remodelado Café Bar Centro a tomar un quente chocolate despois de pasear pola xélida rúa da Raíña. E o domingo chamóume Patri, xa de volta da súa viaxe por Exipto, contóume que todo moi ben, pero que pasou un calor agobiante.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario