30/8/10

VANSE OS VERANIEGOS

Veraniegos é a nosa palabra preferida deste mes de agosto despois de presenciar parte dunha discusión entre unha muller veciña de Ribadeo e unha familia de veraneantes habituais da vila ribadense. Houbo un momento da pelexa verbal no que un rapaz da familia de turistas (creo que madrileños) amosouse ofendido porque a señora coa que discutía che chamou "veraniego", segundo dixo o xoven, aínda que eu imaxino que quería decir veraneante.
O caso é que dende entón ós nosos amigos que visitan Ribadeo estes días chamámoslles veraniegos. E como está a piques de rematar o mes de agosto algúns xa se foron, outros están preparando as maletas para irse e algúns nin viñeron de momento, como é o caso de Suso Cabarqués, que segue por terras barcelonesas disfrutando dende cerca dos éxitos do Barça.
Nós estivemos moito na praia (o tempo en agosto foi moito máis soleado do que é habitual nesta zona) e, por suposto, fixemos a tradicional xira gastronómica veraniega por A Mariña (aínda que tamén tivemos algunha cita interesante en Lugo e na Coruña), da que teño a intención de ofrecer detalles en próximos comentarios deste blog.

No hay comentarios: