21/5/12

50 TAPAS DE CONCURSO EN RIBADEO

A séptima edición do "Ribadeo, de tapeo", que empezou o venres pasado e rematará este vindeiro domingo, é unha proba máis do elevado nivel que ten agora mesmo a hostelería ribadense. Participan medio cento de establecementos e na maioría están traballando moito e ben para ofrecer tapas que sorprenden pola elaboración, o deseño e, por suposto, o sabor. De momento probamos ás da Dorada, a Solana, o Voar, o Náutico e o Marinero e, na nosa opinión, o nivel é alto, incluso comparando con concursos coma este que fan noutros lugares, como Lugo, no que tamén hai propostas moi interesantes.

No hay comentarios: