14/5/12

UN GRAN DESCUBRIMENTO

O bar Cotá, no casco antiguo de Lugo, foi o noso último gran descubrimento gastronómico. É un establecemento con moita historia, famoso polos seus callos, pero ao que eu fun por primeira vez hai uns meses e quedei gratamente sorprendido porque a súa relación calidade-prezo é moi boa. A comida é caseira, está rica, con sabores moi naturales e cuns prezos moi asequibles e un servizo rápido e amable. Xa estivemos tres veces e gustáronnos moito os mexilóns, os chipiróns, os óvos con panceta, pero ten outros platos (varían duns días a outros) que tamén son interesantes, como os postres: rosquillas ou flan de chocolate, por exemplo. Por suposto, tamén probamos os seus famosos callos, pero non nos entusiasmaron, aínda que non estaban malos.
En definitiva, o Cotá merece moito a pena.

No hay comentarios: