29/5/12

ROSTROS COÑECIDOS EN LUGO

Moito rostro coñecido atopei a pasada fin de semana en Lugo. O sábado pola mañá saudei ao escritor Isidro Novo, co que coincidín hai algúns meses no Eido Dourado en Barreiros, despois de anos sen vernos. Contóume que o 2 de xuño estará en Ribadeo na homenaxe a Xavier Rodríguez Baixeras. Isidro Novo foi durante un tempo tertuliano de Radiovoz en Lugo, alí nos coñecimos e disfrutamos de bós momentos radiofónicos. E o congreso do PSOE, do que saiu elexido responsable provincial, José Ramón Gómez Besteiro, reuniu en Lugo a moitos socialistas chegados desde outros puntos da provincia. A algúns deles atopámolos ceando no Bar Cotá. Alí estaba o ex concelleiro en Lugo Manuel Méndez, co que coincidín na súa época de edil e na miña de xornalista en Lugo. Manuel é pai de Sonia Méndez, concelleira na actualidade e persoa de confianza do alcalde, Xosé Clemente López Orozco. Noutra mesa estaba un coñecido socialista mariñano Luis Martínez de O Valadouro, que durante algúns anos foi portavoz do PSOE na Deputación Provincial de Lugo, na era Cacharro Pardo. E tamén se achegaron a disfrutar da tradicional cociña do Bar Cotá a presidenta e a secretaria de organización do PSOE de Ribadeo.Como digo, moito rostro coñecido esta fin de semana na capital da provincia. Tamén coincidimos no centro comercial As Termas cunha facultativa do Hospital da Costa e cunha amiga de San Cibrao, María Xosé, que disfrutou dun día de compras en familia. Nós o sábado ceamos no Bar Cotá con Nuria e Pepa e despois acudimos a escoitar a música en directo do Centro e a saborear os exquisitos gin tonics que nos prepara Jose e que vos recomendamos. Xa na mañá do domingo visitamos a feira de produtos ecolóxicos que se celebrou na praza de abastos. Nese momento había pouco público e botamos de menos verduras, hortalizas... produtos frescos, en definitiva. Pola noite xa de volta en Ribadeo aproveitamos para acudir de novo a algúns locais a saborear as tapas. Estaban moi ricas a do Bouza e a do Serra. O gañador da sétima edición do Ribadeo de tapeo foi o restaurante A Dorada do Cantábrico, que xa gañou nos anos 2006 e 2007. O seu propietario e cociñeiro, Miguel González, estaba onte moi contento por este recoñecemento ao esforzo e ao traballo destes días. Arredor de 50.000 tapas se venderon nos 51 locais participantes en 10 días. Non está nada mal!!!

No hay comentarios: