16/7/12

A MELLOR PARRILLA DE RIBADEO

Para o meu gusto o mellor sitio de Ribadeo para comer carnes á parrilla actualmente é o restaurante do hotel Voar. Pero a min hai outros platos que me gustan aínda máis, como os calamares fritos (luras fritidas), as sardiñas con salmorejo, o rolo de bonito ou as anchoas con escalivada. Son algúns dos que están na extensa carta de verán preparada polo asturiano (cada vez máis galego) Manuel López Valencia. Merece a pena probar porque ademáis os prezos son moi asequibles, o servizo é bon e os comedores son bonitos e acolledores. O novo Voar é unha das boas alternativas para comer ou cear este verán en Ribadeo (hai máis, pero xa escribimos delas outras veces aquí e seguiremos facéndoo)

No hay comentarios: