20/5/13

GAÑADORES DO RIBADEO DE TAPEO

A nova máis agardada en Ribadeo desde o sábado á noite era coñecer o nome dos gañadores da oitava edición do "Ribadeo de tapeo". E agora xa se saben. O xurado escolleu entre os dez finalistas á tapa de La Solana como a gañadora deste 2013. A súa empanada de longueiróns 2.0 sorprendeu, e moito, pola orixinalidade e tamén pola súa presentación. O segundo premio foi para La Villa co seu bombón de aldea y e terceiro para O Tumbín co seu roliño de repolo recheo de carne e xamón ibérico con pataquiñas redondas. Noraboa aos gañadores e tamén aos finalistas, que ademáis dos tres premiados foron: A Taberna de Lola, A Dorada do Cantábrico, El Cabás, AG Porcillán, Casa Pepe, hotel Bouza e Parador de Turismo. Como sempre se di para gustos se pintan cores e na rúa fálase moito hoxe disto, algúns están sorprendidos pola elección dalgúns dos premiados, e outros máis sorprendidos aínda pola elección dalgún finalista, pero isto pasa ata nas mellores familias. De todos os xeitos coma o público tamén votou, dentro duns días coñecerase a súa elección e saberemos si coincide cos gustos dos xurados. O que tamén di a xente da rúa, a que veu probar as tapas, é que hai moita diferenza entre unhas e outras, que algunhas están moi elaboradas e merecerían todas un premio e que outras estiveron feitas para cubrir o expedente e participar no concurso. Hai que felicitar aos 55 locais participantes,pero sobre todo aos gañadores, e agardamos xa con ansia a edición do 2014 porque Ribadeo durante 10 días rendéuse e rendirase ao tapeo.

No hay comentarios: