15/5/13

MAIS TAPAS

Aínda que o tempo non acompañaba en exceso, porque onte á noite choveu e ben en Ribadeo, quixemos seguir saboreando algunhas das tapas que se presentan ao concurso gastronómico que empezou o pasado venres e que rematará o domingo. Probamos as de o bar Queimada, o Mariñeiro, La Solana, El Rincón del Gordo e A Dorada do Cantábrico. Ahhh!!! e a mediodía a do Cabazo, que é a primeira vez que participa no Ribadeo de tapeo. Destas hai tres que para min sobresaen sobre o resto, aínda que as demáis tamén están moi boas. Alguhnas destacan pola súa presentación e sabor e outra pola súa orixinalidade. E como dicía Mayra Gómez Kemp "hasta aquí puedo leer". Nós levamos catorce máis ou menos. Veña hai que aproveitar que xa queda menos...

No hay comentarios: