Nos últimos días hai queixas dalgúns usuarios das praias de Barreiros pola acumulación de algas nos areais e reclamando a súa retirada. No caso da praia das Pasadas, en San Miguel de Reinante, incluso apareceron esas protestas nalgún medio de comunicación. Evidentemente cada un pode queixarse do que queira (faltaría máis), pero as algas forman parte do ecosistema das praias, a veces hai máis e outras menos, e non son lixo senón vexetais beneficiosos para a saúde nalguns casos e noutros totalmente inocuos, como o proba que se utilicen para tratamentos en balnearios, para elaborar medicamentos e incluso para comer. Ademais para moitos (como é o meu caso) o seu cheiro resulta agradable.
Polo tanto paréceme incrible que alguén reclame a retirada das algas. Pero, como cada vez somos máis os usuarios das praias e entre moita xente hai de todo, igual dentro de pouco algún protesta porque nos areais hai pedras, ou conchas ou animais mariños. A eses lémbrolles que nas piscinas non atoparán nada diso e ademais hainas en calquera lugar, incluso moi lonxe da costa.

Por certo, onte visitamos as inmediacións do areal máis famoso da zona, o das Catedrais, que se ve na foto. Había moita xente, como é habitual, a pesar de que a tarde non era moi boa para estar na praia. Pero As Catedrais é moito máis que un areal, é un polo de atracción turística impresionante, que recibe milleiros de visitantes aínda que non faga sol, polo que e debería aproveitarse mellor durante todo o ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario