2/9/08

XORNADA GASTRONOMICA EN RIBADEO E BARREIROS

O venres tivemos outro día adicado básicamente á gastronomía. Primeiro comida familiar en Ribadeo, concretamente no mesón O Gaiteiro, que está na área recreativa de Santa Cruz. Para empezar comemos pulpo (bastante ben, aínda que outras veces está mellor neste establecemento), chipiróns fritos (moi ben preparados). E de segundo houbo cordeiro, que estaba bon, e tenreira, que para min foi o mellor de todo. A atención do persoal tamén foi moi boa. O único que sobraba eran algunhas teas de araña que había no comedor, pero en xeral comprobamos unha vez máis que a relación calidade-prezo do mesón O Gaiteiro é boa.
Despois demos un pequeno paseo pola área recreativa de Santa Cruz (que se ve na foto) e comprobamos que está ben cuidada e bastante limpa.
E pola noite tivemos cea, tamén familiar, neste caso no restaurante Pipos, de Benquerencia (Barreiros) onde sorprendentemente conseguimos mesa sin ter que esperar. Non tiñamos moita fame e pedimos unhas racións para picar algo. Comemos zamburiñas, ensalada mixta, croquetas, langostinos asados e unha tabla de embutidos e queixos. Como é habitual todo estaba ben preparado, pero sobre todo gustáronme as zamburiñas. A atención do persoal tamén foi boa, coma sempre, polo que para nós a Pipos segue sendo unha referencia para comer xunto á praia. A pena é que dentro duns días pechará e o máis probable é que non volva abrir ata o ano que ven. Gustaríanos que na nova tempada se animen a facer reservas de mesa para así poder comer ou cear na Pipos sempre que queiramos.

No hay comentarios: