28/8/08

VIÑO, CEA E CAIPIRIÑA EN RIBADEO

A nosa particular ruta gastronómica veraniega está a piques de rematar e onte visitamos un novo establemento que leva o mesmo nome que tivo outro restaurante nese mesmo lugar. Refírome ó Sapore, que está na rúa Vilalba da vila ribadense. Polo seu deseño, decoración e oferta gastronómica parece dirixido fundamentalmente á xente nova e incluso moi nova, porque hai dous platos para bebés, que son papillas, algo que é a primeira vez que vin nun restaurante. No Sapore, que estaba a tope, tomamos un viño e despois fomos cear á Dorada. De primeiro, paté de marisco, que últimamente é diferente ó que servían antes neste restaurante ribadense, sobre todo pola salsa que, para o noso gusto, empeorou. Tamén tomamos navallas á plancha, que estaban moi boas, e de segundo eu comín cogote de merluza, que me gustou moito.
A continuación, con Quique Quintana e Suso Cabarqués, fomos ó Ribanzo para tomar unha caipiriña, que non estaba tan boa como outras veces. Alí estivemos charlando un pouco co popular José Carlos Rodríguez Andina, con quen falamos de política local, das vacacións e doutras cousas intrascendentes.

No hay comentarios: