26/8/08

APARICIÓNS EN BARREIROS


Onte á tarde optamos de novo pola praia máis occidental do concello de Barreiros, a que está na ría, para tomar o sol, porque é un areal axeitado para resgardarse do vento do nordés. E alí foi onde vimos unha aparición, a do coñecido empresario barreirense Mero Amieiro, que (tal e como se ve na foto de posado) ía marcando estilo con bañador, aparellos de pesca e cargado de xoias, como é habitual.
E pola noite outra aparición, neste caso na Urbanización Nordés. O sanmiguelense Xoan Vila, e a súa dona Pili, foron ver a Andreíta e o resto da familia. A nena aínda está agora alucinando despois de ver a Vila en acción. Menos mal que lle queda o recordo positivo da presencia de Pili (ou Pilli, segundo Andrea).
E non podo seguir, porque acaba de chegar Suso Cabarqués, que agora dedícase ó mundo da canción, e ten moitas cousas que contarnos.

No hay comentarios: