28/8/08

¡QUÉ RISA!


Hoxe vou empezar polo final. Onte á noite fomos cear con Suso, que anda de vacacións por Ribadeo antes de incorporarse ao seu traballo en Barcelona, e pasou o de sempre, que acabamos partidos de risa cos chistes e coa punta que lle saca a todo este home. Con Suso é imposible non pasalo ben e non rirse ata chorar ou reventar.....
E vou agora para atrás coma os cangrexos. Pola tarde estivemos en Foz vendo o primeiro partido de pretemporada do Breogán, que acabou gañándolle ao Xixón. Este ano non houbo autoridades e tampouco entrega de trofeos ¡unha mágoa!. Nas gradas puidemos ver ao presidente Raúl López, a Chete Pazo, a Tita, a Ángel Sevilla..... e a outras caras que che sonan de velas durante todo o ano no Pazo dos Deportes de Lugo. Dos xogadores pouco que comentar. Para min os mellores foron Dani López e un dos novos: Cusworth, pero bueno ainda deben conxuntarse moito máis para poder ofrecer un maior espectáculo aos amantes do baloncesto. Paco García (o adestrador) un show coma sempre..... os que os coñecen saben de que falo.
E antes disto paseo pola zona de Altar nunha tarde de bruma na zona e de brisa do nordés que obrigou á maioría a durmir a sesta ou a optar por outras alternativas.

No hay comentarios: