Acabo de enterarme do falecemento de Carliños do Recristo, un coñecido ribadense que organizou durante moitos anos seguidos as festas do Carme, no mariñeiro barrio de Porcillán. Contaba sempre que o facía en agradecemento á Virxe porque se salvara nun naufraxio que tivera o barco pesqueiro no que navegaba. E lembro agora unha entrevista que More Santiago lle fixera na emisora da Cope en Ribadeo (a principios do anos 90 do século pasado, cando eu tamén traballaba nese medio de comunicación). Naquela intervención radiofónica Carliños respostou a tódalas preguntas do mesmo xeito moi breve: "sí, señorita", para desesperación da entrevistadora e dos que estabamos escoitando. Tamén recordo a Carlos cando andaba polas casas vendendo peixe fresco que transportaba no seu ciclomotor e que miña nai lle mercaba con bastante frecuencia.
Carliños do Recristo, descanse en paz.
25/8/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario