18/8/08
BOTANDO FUME
Está claro que o verán e o calor ás veces fan estragos. Onte estabamos nunha gasoliñeira na que había unha cola considerable e apareceu o listiño de turno que se colou. Alí había tres ou catro coches agardando e éste pasóunos por enriba, pero topou con outro conductor que se puxo a botar fume pola orellas..... chamóulle de todo menos bonito e de moi malas maneiras, e coma o rapaz non se daba por aludido atravesóulle o seu coche diante para impedirlle sair con normalidade da gasoliñeira. O que se colou tivo que subir pola beirarrúa para abandoar a estación de servizo vendo como o outro exaltado lle daba unhas patadas ao coche, despois peito contra peito, nariz contra nariz, "gallito" contra "gallito" voltaron sentir o calor do seus corpos moi preto, pero afortunadamente a sangue non chegou ao río, pero faltoulle moi, moi pouquiño. O caradura marchou e o exaltado pedíume disculpas porque esta historia non ía conmigo e guióume para maniobrar sen problemas. En resumo: pouca educación e algúns que encenden á primeira. Penso que hai que tomar a vida con máis tranquilidade, sobor de todo si estamos de vacacións, porque a todo esto varios nenos dun dos coches estaban presenciando o que estaba ocorrer. ¡Vaia exemplo!. E outra cousa, todo esto podería terse evitado con máis persoal na gasoliñeira nun domingo de agosto ás dúas da tarde xa que alí (que eu saiba) só había un traballador.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario