Ademais de turismo gastronómico pola zona, estes días de verán facemos outras cousas, como ir á praia, aínda que o tempo non acompañou moito esta semana. O venres pola mañá fomos a Lóngara (en Barreiros) e atopámonos alí co xornalista e mestre Xosé María Palmeiro, que era o xefe de informativos de Cope en Galicia cando Carmen e eu traballábamos nesa cadea de emisoras, alá polos primeiros anos da década dos 90 do século pasado. Dende entón xa estivemos con el (e coa súa muller, Marta) en varias ocasións, porque Palmeiro é natural de San Miguel de Reinante, onde ten unha casa, que visita de vez en cando. Pero xa levábamos varios anos sin vernos e o reecontro foi moi agradable.
E pola noite outra cea nun dos nosos restaurantes preferidos de Ribadeo: O Cabazo. Nesta ocasión compartimos mesa e mantel con Pili e Vila e probamos unha novidade da carta do Cabazo: roliños de bonito. Non están mal, pero a min gustáronme moito máis as ameixas á plancha (o plato estrela da casa), as croquetas de espinacas e gambas e tamén o tiramisú. Rematamos a noite en Tapia, onde despois de moito tempo voltamos a probar a caipiriña que máis nos gusta, a do Tangarte, que agora chámase Siempre Tangarte e ten nova ubicación. Un sitio que merece a pena visitar.
17/8/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario