14/8/08

CAFÉ CON GOTAS

Fantástica a xornada de onte con Arévalo e Azpeitia. Teremos que repetir xornada gastronómica en Madrid ou na Coruña de aquí a finais de ano. Neso quedamos todos os presentes. A comida, xa o dixo Beni, exquisita e o lugar: Rinlo, belísimo. ¡Unha mágoa non poder seguir de copas pola noite!.... pero é que os hai coma Arévalo que teñen unha axenda tan apretada que pola mañá para ver aos amigos de Ribadeo fai en coche a ruta Sada-Ribadeo (máis de 150 kilómetros) e repite ruta de volta á media tarde porque á noite ten cea familiar. Un detalle que lle teremos en conta, e tamén a Pepa que saiu de traballar e veu rauda e veloz a comer a Rinlo e despois a pasear por Ribadeo. O mellor, ademáis da visita, foi o viño, que estaba moi bó e os cafés con gotas, riquísimos. Ata descubrimos que agora a augardente ven nuns sobriños pequenos tipo os do azucre. Dígoo porque non vaian vostedes confundirse e acabar durmindo unha sesta a costa do café pensando que o endulzaron de máis.
E hoxe seguirá a festa. Imos de troula (creo) a Trabada e Barreiros. Seguiremos informando.

No hay comentarios: