14/8/08

VISITA DE DOUS XORNALISTAS


Recibimos a visita de dous amigos xornalistas (a lucense María José Fernández Azpeitia e o coruñés-madrileño Carlos Arévalo) e fixemos de guías turísticos pola zona, porque Arévalo só coñecía de antes un lugar do municipio de Ribadeo: a praia das Catedrais. Ningún dos dous estivera en Rinlo e alí fomos a comer, por suposto, o arroz de marisco da Cofradía. Gustoulles moito e o resto da comida (calamares e ameixas) tamén. Onte estaba tamén bon o pan e o servizo na liña habitual, neste caso con Juan Ramón ó frente, pola ausencia do xefe, Gerardo. Despois demos unha volta polo paseo marítimo ata chegar a unha área recreativa, que non coñecíamos ningún dos catro que íamos. Sorprendeunos que todo estaba moi limpo e ben cuidado. En definitiva, todos nos levamos unha moita grata impresión de Rinlo: un lugar que merece a pena coñecer.

No hay comentarios: