Seguimos facendo turismo gastronómico pola zona e onte tocóulle ó municipio de Barreiros. Ceamos nun lugar que descubrimos hai relativamente pouco tempo: o restaurante da Casa do Merlo, en Sarxende (San Miguel de Reinante). Levamos alí a Nuria (a nosa amiga lucense que veranea na Rochela e sae na foto) e ceamos ben, pero desta vez pareceunos caro. Merece a pena destacar as croquetas de xamón (das mellores que probei) e as ameixas á plancha tamén estaban moi boas. En canto ós segundos, a ración para dous de parrillada de porco ibérico (levaba secreto e pluma) estaba ben preparada e era abundante, pero a de sanmartiño era escasa, aínda que estaba rico. Os postres tamén nos gustaron.
A continuación fomos tomar unha caipiriña ó Lusco e Fusco, que está xunto á praia de Reinante (ó lado da Yenka), e resulta moi agradable para tomar algo a calquera hora do día, tamén pola noite, porque ten bastante xente pero sin aglomeracións, polo menos ás horas que imos nós por alí. As caipirinhas están boas e o persoal (casi todo) é atento e profesional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario