Os veráns están moi ben sobor de todo si tes vacacións. Senón as tes (coma me pasa a min este ano) o corpo chegadas estas datas comenza a resentirse. Son moitas ceas, moitas idas e vidas ás praias, etc, etc. O venres cea no Cabazo en Ribadeo e café no Cantón, o sábado cea familiar en Barreiros e despois un pouco de verbea en San Bartolo (tal e como vos está a contar Beni) e o domingo comida familiar e cea pasadas as doce da noite na casa de Sonia e de Miguel despois de asistir ó concerto de Tirri Tarra e hoxe o despertador sonou igual que tódolos días ás oito e pico da mañá ¡Un horror!!!!!
Pero en medio de tanto "sarao" un sempre atopa un momento para a calma. Ocorreu onte pola tarde na ría de Foz (na beira de Barreiros). Como o día estivo como estivo na praia eramos non máis de 10 persoas: un par de amigos que se bañaban tranquilamente falando de gastronomía; outro home que aproveitaba para bucear; unha muller que paseaba pola zona e uns neniños que aprendían a facer windsurf e pirauga acompañados por un adulto. Alí sentada na area disfrutei coma nunca da beleza paisaxística desa zona e sobre todo da tranquilidade...... da ausencia de ruido e dunhas raiolas de sol que atravesaban o ceo cheo de nubes e que se reflexaban na auga. Unha estampa preciosa e unha calma total que sempre é de agradecer (Aí tedes unha foto que fixen co meu móvil).
A pesares da apretada axenda de comidas e ceas coa familia e cos amigos de Madrid, de Lugo, de Barcelona.... ¡Viva o verán!!!!!! e como dicía aquela canción do Dúo Dinámico: RESISTIRÉ.

No hay comentarios:
Publicar un comentario