Na pasada fin de semana vimos tres actuacións musicais en directo (supostamente, pero cada vez é máis difícil saber si é así totalmente, en parte ou nada) e quedoume claro que importa moito a imaxe mentras que a calidade dos músicos queda nun segundo ou terceiro plano. O sábado á noite estivemos nas festas de San Bartolo, en San Cosme de Barreiros (na foto vese a Andreíta e ó seu pai, Jose). Había dúas orquestas (a galega Trovadores e a canaria Armonía Show) con uns escenarios impresionantes, con unha posta en escea espectacular, con unhas animadoras despampanantes (sobre todo as canarias) e con unha calidade de son moi boa, no caso da orquesta galega, e mellorable, na formación de Gran Canaria. Pero gustariame escoitar a eses músicos tocando enriba dun pequeno escenario e a pelo, sin trampa nin cartón, para comprobar que saben sacar dos instrumentos realmente. Aínda que non son ningún experto en música, paréceme moi meritorio o labor das formacións que tocan en directo e sin rede, como é o caso das bandas ou das corais, das que temos varias nesta zona.
Unha delas, a coral polifónica de Ribadeo, acompañou onte á noite ó grupo vasco Tirri Tarra nun espectacular concerto que houbo no Cantón ribadense, con unha impresionante posta en escea, nun gran escenario e con moita expectación porque viña precedido dunha gran cantidade de publicidade. Pero a min decepcionoume, esperaba outra cousa, aínda que algunhas partes do concerto gustáronme. Quedoume claro de novo que hoxendía para triunfar no mundo da música (e noutros tamén) é máis importante o envoltorio e a propaganda que o producto en si.

No hay comentarios:
Publicar un comentario