14/8/08

CAOS DE TRÁFICO

O caos de tráfico que hai na maioría das localidades costeiras da Mariña vai a máis. Onte fixemos o percorrido Ribadeo-Burela e xa para saír da vila ribadense foi toda unha aventura, porque había mercado e o tráfico era aínda máis caótico do habitual, sobre todo nas proximidades da praza de abastos e na zona de entrada e saída do aparcamento municipal. Pasar por San Cosme de Barreiros tampouco foi fácil e a culminación do caos vímola no aparcamento do Hospital da Costa, onde había coches colocados en casi tódolos sitios. Alí hai quen aparca hasta en triple fila e non pasa nada. Concellos como Ribadeo, Foz e Burela teñen que plantexarse en serio poñer un servizo de grúa para retirar os coches mal estacionados, porque creo que non hai outra maneira de solucionar este problema, que cada vez é maior.

No hay comentarios: