É unha mágoa o que está a ocorrer coa sanidade pública en Galicia e no resto de estado. Resulta que un non se pode poñer enfermo unha fin de semana de agosto, porque un amigo meu aqueixado dunha forte dor na barriga acudiu o domingo ao Hospital Xeral de Lugo. O diagnóstico foi inflamación de apéndice. Había que operalo de inmediato. Pois ben, primeiro creo que non había ciruxán dispoñible e despois o que non había era anestesista. O resultado é que foi remitido ao POLUSA onde foi operado ben pasadas as doce da noite. Non digo máis, cada un que saque as súas propias conclusións. Experiencias deste tipo e incluso peores seguro que todos temos e moitas. No Hospital da Costa en Burela, por exemplo, hai pouco que o TAC estivo avariado ata tres ou catro días, e non vin que os sindicatos dixesen nada e os políticos pouco.
Xa vai sendo hora de que os gobernos e os dirixentes políticos se preocupen máis pola sanidade e ofrezan o mellor servizo aos doentes que para eso pagamos impostos durante toda a vida.
O mellor é cuidarse e loitar para ter boa saúde porque despois pasa o que pasa: listas de espera en atención especializada, listas de espera nos hospitais...... e namentras a agardar ou a buscar un amiguete para que che solvente o problema. É triste pero é así.
12/8/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario