Continuamos coa xira gastronómica veraniega, que onte á noite levounos a Foz, concretamente ó restaurante Xoíña. A nosa intención era ir con Nuria (a lucense que veranea na Rochela) a cear á Sidrería Pipos, de Benquerencia (Barreiros), pero cando chegamos estaba a tope e dixéronnos había que esperar unha hora, polo que optamos por deixalo para outra ocasión. Entón decidimos ir ata o restaurante Xoíña, de Foz, onde tivemos que esperar un rato para que nos atenderan na barra, pero mereceu a pena.
Comemos de entrantes calamares á plancha e berberechos ó vapor. Os dous platos estaban exquisitos, igual que a parrillada de peixe que veu despois. Levaba rape, rodaballo, bonito, cogote de merluza e langostinos, todo moi bon. E de postre tomamos unha mousse de chocolate negro, que estaba espectacular.
Por certo, na mesa do lado estaban ceando o escritor Ramón Pernas; o concelleiro de Cultura focense, Xaime Cancio, que me saudou tímidamente; e o presidente dos libreiros galegos, Antonio Fernández Maira, con tres mulleres que non coñezo.
22/8/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario