12/8/08

CEA NA DORADA E CAIPIRIÑA NO RIBANZO

Ós meus amigos non lles gustan as aventuras gastronómicas e por iso onte ceamos no restaurante A Dorada do Cantábrico, de Ribadeo, tan ben como é habitual. Todo estaba rico e a comida, como sempre, sobrou. O servizo tamén estivo na súa liña. Unha vez máis quedounos claro que A Dorada é un lugar para comer con garantías, sin risco de atoparte con sorpresas desagradables (nin tampouco das outras). E despois, para seguir co clásico, tomamos unha capiriña no Ribanzo, onde se estaba moi ben, sin aglomeracións, aínda que na terraza non había ningunha mesa libre. E así rematou a festa, porque a noite é xoven, pero nós non.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A verdade e que da algo de envexa !!
Algún día empezarei eu a ir de ceas, todo sexa polo colesterol, os trigliceridos, o azucar, ....