Se o proxecto para a construcción dunha terminal de carga de mercadorías cuberta no porto comercial de Mirasol, en Ribadeo, sae adiante habería varias repercusións (eu creo que serían máis as negativas que as positivas). Unha delas é que se perdería a magnifica vista da ría de Ribadeo e de Castropol que hai dende o Parador de Turismo ribadense (como se observa na foto feita hoxe dende a terraza da cafetería). E sobre este tema deixo unha pregunta: ¿por que non participaron na manifestación do pasado domingo ningún dos "líderes" políticos de Ribadeo?
12/8/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Aínda non tiven tempo de facer un comentario en serio sobre a mani, pero hai un detalle: os grupos políticos, expresamente, non foron invitados. Apreciáronse os que viñeron, pero quixo facerse algo da xente, non con personalidades. De aí poden derivarse outras precisións, seguirei no blog...
Publicar un comentario