Por estas datas tódolos anos recibimos na Mariña a visita de moitos persoeiros que escollen esta zona para veranear, ou polo menos para pasar uns días. Entre eles está o ciclista internacional Achu, que para pasar desapercibido faise chamar José Ramón García. Estes días atópase en Ribadeo intentando recuperar a forma de épocas pasadas. Achu adestra polas estradas da zona con un último modelo de bicicleta (lembra ás dos anos 80 do século pasado, pero realmente é un prototipo que está aínda en probas e que pode revolucionar o ciclismo profesional). Despois de percorrer 150 kilómetros (ou menos) Achu visitou as instalacións de Faro Norte Comunicación e logramos facerlle esta foto, que pode valer millóns de euros (ou non).
11/8/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario