A homenaxe ó xornalista Javier Rivera, que será o venres pola noite no Almacén, de Cervo, parece que vai ser multitudinaria. Como explican os organizadores (amigos, asociacións, partidos políticos e xente da Mariña), o motivo é que Javier Rivera "leva 20 anos desenvolvendo a súa labor profesional en defensa da nosa comarca" e proximamente vaise traballar a Lugo, á redacción central do xornal El Progreso. Un dos promotores e organizadores do evento, Pablo Mosquera, coméntame que o éxito está asegurado por van xa moitas tarxetas vendidas, pero aínda quedan algunhas. Haberá moitos amigos de Javier e moitos políticos de tódolos partidos. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, confírmame que será un dos participantes na homenaxe, salvo causa de forza maior.
Alí estaremos e despois contaremos como foi a festa, que seguramente será longa e intensa.
6/8/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario