8/8/08

JAVIER RIVERA PROPICIA REENCONTROS

Medio cento de traballadores, ex empregados e colaboradores do xornal El Progreso na Mariña participamos onte en Burela na cea de despedida ó xornalista Javier Rivera, acto que propiciou reencontros de xente que nalgúns casos levábamos moitos anos sen vernos. Só por iso mereceu a pena participar na cea, que ademáis estivo ben (a relación calidade-prezo foi impresionante, como dixo Suso en reiteradas ocasións, aínda que o viño non era Vega Sicilia). O mérito foi dos organizadores (Susana e Brais), que contaron coa boa disposición dos propietarios e traballadores do restaurante Don Chuletón, encabezados por David e Pepe.
E hoxe haberá outra cea de despedida a Javier Rivera (neste caso aberta a todo o mundo) na que está prevista a participación de un cento de persoas, moitos deles políticos pero tamén outros que non o somos. Será no Almacén, de Cervo, e aínda que vai ser diferente á de onte espero que tamén mereza a pena. Contarémolo.

1 comentario:

agremon dijo...

caramba... dúas enchentes e o blog está a comezar...