5/8/08

Lugo ou Arroyo Pingarrón

É triste ver que cada vez hai máis zonas de Lugo que parecen Arroyo Pingarrón (o barrio onde traballa o médico da serie El síndrome de Ulises, de Antena 3). Os barrios Feijoo e o Sagrado Corazón e o entorno do Hospital Xeral, onde a rúa é duns cantos que che din onde podes aparcar o coche a cambio de que lles deas diñeiro, que moita xente lles da, por si acaso. E a Policía, ¿que fai? Pero mención aparte merece o parque Rosalía de Castro, que debería ser un dos atractivos da cidade, pero está nunha situación lamentable: sucio e descoidado. Unha pena. Parece que a algúns só lles importan algunhas zonas de Lugo e doutras pasan. E o movemento veciñal, ¿que fai?

1 comentario:

agremon dijo...

Non coñezo o movemento veciñal de Lugo moito que digamos, pero o que pode facer un movemento veciñal non é moito a non ser que haxa unha organización boa e unha resposta veciñal tamén boa, o que non soe ser o caso nin para un nin para outro. En canto á policía, coido que podes contestar ti mesmo mellor :-)
Por certo, feliciades polo blog.