17/9/08

AVALANCHA DE INFORMACIÓN

Hoxe foi un deses días nos que chegan ós medios de comunicación da Mariña moitas informacións en pouco tempo e ademais varias interesantes. Outras veces é dificil atopar unha noticia destacada pero hoxe había varias. Para min a máis importante é o proxecto para poñer unha liña eléctrica de alta tensión en Ribadeo, de Porto a Reverte, e as consecuencias que podería ter para a saúde dos veciños da zona. Advertiuno o voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo, que é o médico Evaristo Lombardero e sería un dos directamente afectados.
Tamén en Ribadeo deu moito que falar a noticia publicada polo xornal El Progreso sobre a terminal de carga proxectada para o porto comercial de Mirasol, que agora Portos de Galicia descarta facer. En Onda Cero fíxenlle unha entrevista ó presidente dese ente da Xunta, Jacinto Parga, quen explicou que a nave non se fará porque á empresa papeleira Ence xa non lle interesa e tamén falou do futuro do porto comercial de Ribadeo, que pode seguir recibindo algún dos barcos que cargan pasta de papel da fábrica naviega aínda que outros se vaian para Gijón. Falamos a medio plazo porque a infraestructura que necesitan no porto asturiano non se fai en catro días e mentras tanto a producción de Ence Navia seguirá saíndo por mar dende Ribadeo.
E a todo isto sumouse a presentación en Ribadeo do proxecto do Grupo de Desenvolvemento Local que preside Anxo Martínez para optar a fondos do novo programa Leader. Tamén houbo noticias municipais de Ribadeo, de Burela, de Cervo, etc., etc.
En definitiva, foi unha mañá moi intensa. Menos mal que despois de comer tivemos un rato para disfrutar da praia, hoxe en Reinante, onde había bastante xente tomando e sol e algúns incluso se atreveron a darse un baño.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que sorte teñen alguns por poder ir a praia, ya me gustaría a min. Eu o máximo que me acheguei ó mar foi en Castropol, nun directo que fixen pola noite polo da nave na ría e o de Portos. Menos mal que xa rematou todo, tábame saindo a celulosa polas orellas.
Dani.