5/9/08
CRÍTICAS ÁS FESTAS DE RIBADEO
Como cada ano por estas datas en Ribadeo hai festas patronais e tamén é tradición criticar o programa dos festexos, porque non está ó mesmo nivel (en canto a actuacións musicais) que o de localidades próximas similares á vila ribadense. Sobre esto eu opino que os que están nunha comisión de festas deben ser alabados máis que criticados, porque fan un traballo nada grato e moi pouco agradecido. E tamén teño claro que os festexos deberían ser organizados directamente polo Concello xunto cos máis directamente beneficiados da celebración das festas, que son os hosteleiros e algúns empresarios máis.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario