15/9/08

DE TAPAS EN LUGO E TOÑI VICENTE

A pasada fin de semana estivemos en Lugo e disfrutamos das boas tapas que poñen sempre nos bares e restaurantes da capital da provincia e que estes días son aínda mellores nos 40 establecementos que participan no concurso que está en marcha. Estivemos en seis locales entre o sábado pola noite e o domingo pola mañá. En catro tomamos tapas do concurso e noutros dous non, porque un non participa e a outro chegamos tarde (o burelés Miguel Vizoso, que é o cociñeiro do Figón, segue coma sempre e deixou de facer tapas do concurso ás dez e media en punto, xusto á hora ata a que obriga a organización). En cambio na Sucursal probamos a tapa ás doce menos dez da noite. Pero, anécdotas aparte, a iniciativa é interesante, aínda que en Lugo non ten tanta repercusión como en Ribadeo, tal vez porque na capital da provincia hai moi boas tapas en casi tódolos establecementos durante todo o ano e ademais son gratis e as do concurso hai que pagalas (nalgún sitio, como o Metbar, cobran 2,50 euros por cada tapa do concurso, que está boa).
Entre tapa e tapa saiu a relucir a detención da famosa cociñeira compostelá Toñi Vicente polo caso das vieiras contaminadas e os numerosos apoios que está recibindo estes días de diversos persoeiros e doutros que non o son tanto. Ó marxen de que Toñi Vicente sexa unha boa cociñeira e unha boa persoa (non me consta nin unha cousa nin a outra, pero tampouco o contrario) presuntamente cometeu un erro gravísimo e pillárona. Por iso ten que pagar polo que fixo, exactamente igual, nen máis nen menos, que se non fose a cociñeira máis mediática de Galicia. E a propósito deste asunto lembro agora que "quen fai un cesto fai un cento".

No hay comentarios: